Arranca a beta de Red Dead Online
Se antes falamos, antes ocorre. Se onte Morcego daba xa conta da chegada inminente do modo en liña de Red Dead Redemption 2, apenas unhas horas despois Rockstar confirmaba as datas oficiais nas que se irán sumando xogadores aos seus servidores.
A compañía americana decidiu non cargar en exceso os servidores nestes primeiros días, e optou por unha entrada paulatina de usuarios dende hoxe e ata o 30 de novembro:
- Martes, día 27 de novembro: Acceso preliminar para todos os poseedores dea edición Red Dead Redemption 2: Ultimate Edition.
- Mércores, 28 de novembro: Acceso para todos os xogadores que xogasen a Red Dead Redemption 2 o día 26 de octubre seguindo os datos de Rockstar.
- Xoves, día 29 de novembro: Acceso para todos os xogadores que xogasen a Red Dead Redemption 2 entre o día 26 de outubro e o día 29 de octubre a partires dos datos de Rockstar.
- Venres, día 30 de novembro: Acceso para todos os xogadores que xogasen a Red Dead Redemption 2.
Para acceder a este novo modo hai que descargar a actualización 1.03, que ocupa preto de seis gigas de espazo no disco duro.
¿Que inclúe Red Dead Online?
Ao longo do día de hoxe, os xogadores coa Ultimate Edition poderán ir desvelando o seu contido. Polo momento, xa hai centenares de streamers en YouTube e Twitch paseando polo mapa creado por Rockstar.
Habería que destacar algo importante. Como ben indican os seus creadores, Red Dead Online está aínda en fase de probas, polo que non é a versión definitiva como tal, aínda que nuns días a súa dispoñibilidade para todo o mundo será un feito. O estudio norteamericano apunta a que irán puíndo os posibles erros que atopen os xogadores, así como a intención de ir lanzando novo contido constantemente.
Red Dead Online adopta a xogabilidade do título orixinal e quere transportar aos miles de xogadores que compraron esta aventura ambienta no Salvaxe Oeste aos desertos, os pantanos e os pobos de RDR2 para que convivan como unha comunidade viva e real.
A personalización, herdada do GTA Online, será un dos elementos máis vistosos desta versión multixogador, e convidará a cambiar a aparencia do noso personaxe desde cero. Despois, poderemos explorar o mundo de Rockstar ao noso antollo, tanto sós como en compañía.
Unha cuadrilla, sete xogadores
Segundo parece, as cuadrillas son unha das novidades que inclúe Red Dead Online. Grupos de ata sete fuxidos cos que realizar misións, percorrer o mapa ou tender emboscadas. Este tipo de xuntanzas dan a opción de crear o noso propio campamento, moi na onda do que vimos durante a historia de Arthur Morgan.
Cazar, realizar recados, ir ao salón, amansar cabalos… Todas as actividades do xogo orixinal poderánse realizar agora cun compañeiro (ou varios) a nosa beira. Sen dúbida, unha maneira máis que divertida de expandir un xogo que xa era xigante de seu.
Ao longo dos próximos días, en Morcego, iremos desvelando as novidades do modo en liña, na medida que cabalguemos polas súas paraxes.