Actualidade Blizzard amósalle ao mundo Warcraft Arclight Rumble, un título para móbiles

Blizzard amósalle ao mundo Warcraft Arclight Rumble, un título para móbiles

Blizzard acaba de anunciar Warcraft Arclight Rumble, un título para móbiles que xa foi sinalado hai un meses como un dos lanzamentos que tiña preparado a compañía estadounidense para este ano.

Baseada na lendaria franquía, Warcraft Arclight Rumble será unha obra de acción e estratexia con diversos modos de xogo, entre eles unha campaña para un xogador e combates PvP en liña.

Será free-to-play e estará dispoñíbel para iOS e Android, e mala non termos data fixa, si é sabido que sairá ao longo deste 2022.

Na práctica, semella que este ano será o ano dos móbiles para Blizzard, estando tamén Diablo Immortal no calendario de lanzamentos para este 2022, chegando este en xuño tamén para PC.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.