Actualidad A Biblioteca Nacional gardará unha copia de todos os videoxogos creados en España

A Biblioteca Nacional gardará unha copia de todos os videoxogos creados en España

A Biblioteca Nacional terá a obriga, a partir deste momento, de conservar ao menos unha copia de cada videoxogo desenvolvido no estado español como parte do patrimonio cultural do mesmo.

Esta iniciativa de reforma das funcións do depósito legal foi aprobada pola Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados, con trinta votos a favor e cinco en contra, sendo estes votos do partido de Santiago Abascal, VOX.

O proxecto de lei, segundo informa EPE, «considera necesaria» a identificación conservación e todos os videoxogos. Aínda que ata se consideraban como comprendidos entre os documentos audiovisuais, non se estaban rexistrando todos, o cal motivou a súa inclusión dentro desta importante reforma.

Tras a aprobación por parte da Comisión de Cultura, o proxecto de lei deberá ser ratificado no Senado. Unha vez entre en vigor, todos os videoxogos producidos en España deberán ser remitidos para o seu depósito legal, e a Biblioteca Nacional conservará unha copia dixital no rexistro e, de houber, tamén unha copia física.

Xa no 2020, a Biblioteca tomou o compromiso de gardar os títulos producidos no estado español logo dunha reunión coas principais asociacións españolas de videoxogos —AEVI e DEV—, así como a realización de diversos estudos para averiguar cal sería o mellor xeito de conservación destas obras. Porén, non era un feito obrigatorio por lei, senón unha iniciativa da propia Biblioteca.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.