Actualidad Gene Shift Auto, multixogador inspirado en GTA, sairá a vindeira semana

Gene Shift Auto, multixogador inspirado en GTA, sairá a vindeira semana

O desenvolvedor independente Ben Johnson (bencelot), responsábel de Gene Shift Auto, acaba de anunciar que o seu título multixogador sairá de acceso anticipado o vindeiro luns, 28 de novembro.

O xogo en cuestión leva xa bastante tempo en acceso anticipado, desde maio do 2017, e recolle influencias variadas, desde os últimos battle royale até os títulos de Rockstar Games clásicos.

E unha bota nova: sairá free-to-play, é dicir, de balde. Tal e como se confirma na tenda de Valve, leva en desenvolvemento desde hai máis de 10 anos, cun primeira demo que se lanzou alá por 2009 e uns engadidos que han ir evolucionando ao longo do tempo en base ás suxestións dos usuarios que lle puideron dar un tento.

Aínda que a experiencia a nivel xogable non debería cambiar demasiado co lanzamento do seu 1.0, si confirman que haberá un pouco máis de case todo: máis vehículos, máis armas, máis mapas e máis modos de xogo.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.