Actualidade Gene Shift Auto, multixogador inspirado en GTA, sairá a vindeira semana

Gene Shift Auto, multixogador inspirado en GTA, sairá a vindeira semana

O desenvolvedor independente Ben Johnson (bencelot), responsábel de Gene Shift Auto, acaba de anunciar que o seu título multixogador sairá de acceso anticipado o vindeiro luns, 28 de novembro.

O xogo en cuestión leva xa bastante tempo en acceso anticipado, desde maio do 2017, e recolle influencias variadas, desde os últimos battle royale até os títulos de Rockstar Games clásicos.

E unha bota nova: sairá free-to-play, é dicir, de balde. Tal e como se confirma na tenda de Valve, leva en desenvolvemento desde hai máis de 10 anos, cun primeira demo que se lanzou alá por 2009 e uns engadidos que han ir evolucionando ao longo do tempo en base ás suxestións dos usuarios que lle puideron dar un tento.

Aínda que a experiencia a nivel xogable non debería cambiar demasiado co lanzamento do seu 1.0, si confirman que haberá un pouco máis de todo: máis vehículos, máis armas, máis mapas e máis modos de xogo.

Ben Johnson (bencelot), desenvolvedor responsable de Gene Shift Auto, anunciou que o seu título multijugador sairá de acceso anticipado este luns, día 28 de novembro.

O título lanzouse en estado de Early Access alá por maio de 2017, como un título que xa estaba inspirado na saga de Rockstar Games (especialmente os que teñen vista cenital, como os primeiros ou Chinatown Wars) pero que non estaba demasiado definido máis aló de que se podería xogar de forma competitiva e cooperativa. Co tempo, terminou engadindo un modo battle royale para adaptarse ás dinámicas recentes deste tipo de xogos como servizo ata o seu inminente lanzamento final en só tres días.

O curioso aquí é que Gene Shift Auto, xa o vedes, salgue do seu acceso anticipado despois de nada menos que cinco anos e medio, cunha versión final que chegará en forma de free-to-play.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.