Actualidad El clásico Snow Bros. volverá renovado para Nintendo Switch

El clásico Snow Bros. volverá renovado para Nintendo Switch

Daewon Media Game Lab está detrás da resurrección, ou renovación, ou relanzamento —escollede o mellor verbo que comeze por ‘re’— de Snow Bros., un auténtico clásico das recreativas dos anos 90 e que mesmo en Morcego tivo un dos primeiros artigos da revista dedicados en exclusiva a falar deste.

Baixo o nome Snow Bros. Special aparece unha versión desenvolvida polo estudio CRT Games, cun lanzamento programada para este 2022 na consola híbrida de Nintendo. Semella que manterá todas as mecánicas orixinais, se ben aposta por un novo apartado visual, máis moderno, pero que deixa de lado o pixel art do orixinal —non saberíamos dicir se isto é bo ou malo—.

O fundador de CRT Games e produtor executivo Sung-Gil Yim declarou que «Snow Bros. está repleto de memorias de nenez, e con Snow Bros. Special os seareiros do xogo orixinal poden reavivar o seu amor por el. O control simple e intuitivo do orixinal reflíctese en Snow Bros. Special, o cal fai que sexa sinxelo que os nuevo xogadores aprecien o xogo ao tempo que coñecen a Nick e Tom».

Aquí a edición física de luxo, que inclúe o título, a banda sonora, bonecos de Nick y Tom e outros elementos.

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.