Actualidad Sifu pon sobre a mesa o seu plan de actualizaciones para este ano

Sifu pon sobre a mesa o seu plan de actualizaciones para este ano

A través da conta oficial do título, Sloclap detallou o plan de actualizacións que ten programado no calendario para Sifu, o título de PlayStation.

Catro parches irán chegando nos vindeiros meses con diferentes elementos e melloras para o xogo. Todos serán de balde, e chegará un por estación, saíndo o da primavera o 3 de maio, mesmo día que vera a luz a edifición física.

Este primeiro parche incluirá os xa prometidos niveis de dificultade, sendo un máis doado que o orixinal e outro máis difícil; amais de opcións de adestramento e un selector de traxes. No futuro, en verán, outono e invierno; irán chegando novas vestimentas, novos modos de xogo, novos modificadores e novos elementos que ampliarán a xogabilidade orixinal.

A estas alturas, e apenas un meses despois da súa chegada, Sifu xa vendeu máis dun millón de copias. Nada mal.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.