Actualidad Silksong dá sinais de vida e confirma o seu lanzamento de inicio no Game Pass

Silksong dá sinais de vida e confirma o seu lanzamento de inicio no Game Pass

Algúns poden xa durmir máis tranquilos. Si, Silksong, a continuación do Hollow Knight de Team Cherry volveu ser ensinado nunha conferencia ou retransmisión de videoxogos. O espazo elexido foi o Xbox Showcase, mais apenas houbo información alén das imaxes do vídeo que puxeron.

Iso si, sabemos que chegará directo para o Game Pass desde o día un que chegue ao resto de tendas. Hornet, a protagonista do título, aparece veloz e máis áxil que o cabaleiro da primeira obra. Sexa como for, é difícil sacar en claro máis cousas. Iso si, xogo, set e partido para Microsoft, que logrou ensinar o Santo Grial convertido en meme nos últimos tempos.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.