Actualidad
Sony muda as expectativas de venda de PSVR 2 por mor das baixas reservas
Segundo publicou Bloomberg, Sony rebaixou as súas expectativas de vendas de PlayStation VR 2 apenas tres semanas antes do seu lanzamento oficial. A empresa agardaba vender dous millóns de unidades no primeiro trimestre, mais semella que as reservas —non moitas se o miramos no global— enfriaron un pouco estas cifras.
Porén, Sony agarda vender un millón e medio —algo máis da metade do que en inicio pensaban—, o que tampouco sería unha cifra menor. Cómpre lembrar que precisas un dispositivo PlayStation 5 para poder usar o PS VR2, e que na actualidade, seguindo o comentado pola compañía xaponesa, xa hai stock alá onde se queira.