Actualidad Sony presenta o Backbone One, un mando para gozar do Remote Play en iPhone

Sony presenta o Backbone One, un mando para gozar do Remote Play en iPhone

Máis abaixo, neste mesmo artigo, podes darlle unha ollada ao Backbone One: PlayStation Edition, un novo mando que conta coa licenza oficial de Sony para usuarios de iPhone.

A realidade é que non é unha sorpresa, pois a marca que fabrica o controlador xa o presentou hai un tempo, en outubro de 2020, e esta sería unha reedición en colaboración con PlayStation, cun deseño semellante ao de DualSense, mando oficial da PS5. Por certo, tamén ten conexión directa cos Pulse 3D.

A idea é que este sexa o mando definitivo para xogar cos xogos de PS4 e PS5 no móbil a través do PS Remote Play. E si, claro, con calquera outro videoxogo da App Store.

No tema técnico, o mando ‘beberá’ da batería do iPhone e terá unha aplicación de seu. Queres mercalo? Xa podes facelo na súa páxina web por un precio de 99,99 dólares. Está dispoñíbel en  Estados Unidos, Canadá, México, Australia, Nova Zelanda, Alemaña, Franza, Italia, España, Suecia, Países Baixos e o Reino Unido.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.