Actualidade Bandai Namco pide desculpas polos problemas de rendemiento de Elden Ring en PC

Bandai Namco pide desculpas polos problemas de rendemiento de Elden Ring en PC

Editora de Elden Ring, Bandai Namco recoñeceu que o lanzamento da versión de PC do último título de Miyazaki non estivo á altura. Os usuarios falaron e, a día de hoxe, o xogo conta con críticas variadas en Steam por mor dos problemas de caída de fotogramas neste sistema.

Bandai Namco pedíulles desculpas aos usuarios a través dun comunicado no seu blogue oficial: «Estamos a experimentar algúns problemas que fan que o xogo non se execute correctamente en certas condicións». «No que respecta á taxa de fotogramas e outros problemas co rendemento seguiremos mellorando o xogo para que poida funcionar en todas as plataformas. Para a versión de PC, actualizar os drivers da vosa gráfica pode mellorar notablemente o rendemento».

Ademais, a editora internacional sinalou un problema polo cal os usuarios de PS5 poden perder algo de progreso no xogo se a consola é apagada de súpeto ou se pon en modo repouso. Este problema terá solución no próximo parche, ata entón… moito ollo.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.