Actualidade BioWare presenta o primeiro adianto do novo Mass Effect

BioWare presenta o primeiro adianto do novo Mass Effect

Alén do novo Dragon Age, BioWare quixo disparar outra bala, a que tiña gardada e un chisco oculta. Si, o estudio tamén fixo oficial o desenvolvemento dun novo Mass Effect. Era algo sabido, pero ninguén esperaba ter imaxes tan pronto, aínda que só sexa unha cinemática.

Na práctica, non existen nin se ofreceron máis detalles sobre esta nova obra. Si é certo que as imaxes ofrecidas no adianto poderían encaixar cunha continuación directa dos acontecementos ocorridos durante Mass Effect 3. Haberá que esperar para ver como se desenvolve a narrativa e as teorías sobre a súa historia.

A continuación tes o vídeo:

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.