O príncipe herdeiro de Arabia Saudita adquire o 33% de SNK

O príncipe herdeiro de Arabia Saudita adquire o 33% de SNK

A empresa saudita Electronic Gaming Development Company (EGDC), propiedade do príncipe herdeiro Mohammed bin Salman bin Abdulaziz Al Saud, adquiriu un terzo das accións de SNK. Si, a mítica compañía xaponesa, responsábel de sagas tan emblemáticas como Fatal Fury, The King of Fighters ou Metal Slug.

O príncipe herdeiro de a coroa de Arabia Saudita é tamén vice primeiro ministro da nación de Oriente Medio. Segundo Kotaku e outros medios internacionais, a información estaría xa confirmada polo medio coreano Bloter, e saldaríase cun 33 % das accións agora en posesión do empresario.

A compañía xa fora comprada por investidores chineses hai un lustro. Sexa como for, o número de accións adquiridas fan do herdeiro o maior accionista de SNK nestes momentos. A compañía de videoxogos non emitiu ningún anuncio público nin respondeu ás peticións dos medios, polo que é descoñecido se haberá cambios no organigrama ou na estratexia da compañía.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.