Actualidade Elden Ring aparece nun impresionante adianto e fixa a súa estrea

Elden Ring aparece nun impresionante adianto e fixa a súa estrea

Estaba en case todas as apostas e peticións, era o soño de moitos. Elden Ring tiña de aparecer ou no E3 ou nalgún dos eventos paralelos a leste. Foi o Summer Game Fest a cita elixida para a súa estelar aparición, unha aparición que levaba xa tempo xestándose (filtracións incluídas) e que acabou por se materializar nun soño con aspecto de pesadelo, desas ideados polo xenio xaponés, Hidetaka Miyazaki.

A súa proposta de mundo aberto loce impresionante, incluso sendo un título interxeracional, tal e como foi confirmado polos seus responsables. Hai que velo para entendelo, pero desde logo sorprende a asombrosa mestura que parece propoñer FromSoftware, bebendo e asimilando os diferentes títulos que foron lanzando estes anos e que cristalizan en Elden Ring.

Para que enganar a ninguén. A presenza nun evento dunha obra de Miyazaki xa case eclipsa o evento enteiro, pode que mesmo os vindeiros. E, ademais, hai data. Editado por Bandai Namco Entertainment, a nova obra do director xaponés, que tamén asina George R. R. Martin, sairá o 21 de xaneiro de 2022 para PS4, PS5, Xbox One, Series X| S e PC. Toca ver o tráiler de novo:

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.