Actualidade Frontier confirma a chegada este ano de Jurassic World Evolution 2

Frontier confirma a chegada este ano de Jurassic World Evolution 2

Jurassic World Evolution terá unha continuación directa. O título de xestión e simulación de Frontier foi confirmado como un éxito grazas ás súas boas cifras de vendas, e semella que queren continuar afondando nesta idea.

Iso si, só puidemos ver un teaser cinematográfico, nada de gameplay. Porén, o novo título verá a luz este 2021. É de supoñer que manterá un sistema moi próximo ao orixinal, permitindo xestionar o noso propio parque de dinosauros dun xeito bastante ameno e divertido, aínda que tamén achega unha serie de retos de dificultade crecente.

Non hai unha data concreta, alén desa gran xanela que é todo o ano, mais si sabemos ás plataformas que chegará: PlayStation4, PlayStation 5, Xbox Series X e S, Xbox One e PC, tanto en Steam como na Epic Games Store.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.