Actualidade Grounded medra grazas á Lagoa Koi na súa nova actualización de balde

Grounded medra grazas á Lagoa Koi na súa nova actualización de balde

A Lagoa Koei preséntase como a gran protagonista da actualización gratuíta de Grounded, o título de sandbox e supervivencia de Obsidian Entertainment. Si, un bioma completamente novo no que nadar, facer mergullo e, máis que nada, explorar solo ou en compañia.

O novo espazo está situado no patio traseiro da casa e garda moitos elementos que deberemos descubrir, aínda que claro, tamén haberá certos perigos como arañas de auga con bastante fame e si, o enorme peixe koi que dá o seu nome ao lugar. Por suposto chegan novas receitas, obxectos e diversos elementos que podedes ver e coñecer a través do novo vídeo publicado polo estudio.

Grounded é un título que aínda se atopa en early access, para Xbox e PC, incluído no seu xa máis que coñecido Xbox Game Pass. Nas novas consolas correrá a 4K e 60 fps.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.