Actualidade Nioh 2 publicará unha nova demo antes do seu lanzamento

Nioh 2 publicará unha nova demo antes do seu lanzamento

Unha oportunidade máis. Nioh 2, a secuela do afamado título de Team Ninja, publicará unha demo por tempo limitado entre o 28 de febreiro e o 1 de marzo. Acceso a tres misións nas que poderemos probar as novas mecánicas de combate, habilidades, invocacións e armas serán as principais novidades nesta segunda demostración, despois da oportunidade que houbo de xogar á beta o pasado novembro.

Os yokai, espíritos vinculados coas bases culturais de Xapón, converteranse en aliados durante os combates e na demo poderemos probar os seus poderes pelexando ao noso lado. A Switchglaive, unha gadaña que pode cambiar de forma a noso antollo, é unha das novidades máis interesantes nesta proba. Aínda que o progreso que realicemos non se poderá trasladar á versión definitiva, si que poderemos manter a aparencia do noso personaxe.

Nioh 2 ten prevista a súa chegada o 13 de marzo a PS4 de forma exclusiva.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.