Actualidade O Marco volve ser o fogar  das III Xornadas de Videoxogo e Literatura

O Marco volve ser o fogar das III Xornadas de Videoxogo e Literatura

A Fundación Carlos Casares celebrará por terceiro ano consecutivo as Xornadas de Videoxogo e Literatura. Unha aposta polas novas tecnoloxías e as novas formas culturais, que terá o seu epicentro no Marco de Vigo, entre o 2 e o 4 de setembro.

O evento foi medrando cada ano, combinando un formato de presentacións, conferencias e exposición. Así, ao longo de tres días sucederanse as charlas, os encontros e, por suposto, a aprendizaxe a través de obradoiros profesionais.

As xornadas inauguraranse este xoves ás 16 horas e a primeira conferencia estará protagonizada polo presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e Gilberto Sánchez. Ás 17.15 horas, tres expertos en deportes electrónicos conversarán sobre o impacto deste fenómeno no país. Ás 18.30 será presentada preséntese a exposición A literatura entra en xogo, na que tamén terá cabida a actuación Música e videoxogos, promovido e creado pola Fundación Museo do Videoxogo de Galicia.

Podes consultar o resto do programa aquí mesmo, do que tamén destaca a Desconferencia, un intre comunicativo na que calquera persoa poderá coller o micro e compartir as súas dúbidas, reflexións, proxectos e pensamentos sobre os temas tratados nesta edición. Iso si, hai que apuntarse con antelación.

Non podes ir? Non hai problema. As conferencias tamén serán emitidas en streaming a través da canle oficial das Xornadas.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.