Actualidade Path of Exile sairá para PS4 en decembro

Path of Exile sairá para PS4 en decembro

Filtrouse a información en outubro pero por fin hai data oficial. Path of Exile chegará a PlayStation 4 no próximo mes de decembro.

Granding Gear confirmou que o xogo chegará no mes de Nadal a máquina de Sony, tras a súa saída en PC no 2013 e o ano pasado en Xbox One.

Os usuarios de PC, pola contra, gozarán da actualización 3.5.0 o 7 de decembro. Path of Exile é a día de hoxe un xogo de acción e rol de balde, e configurase coma unha aventura moi similar ao mítico Diablo no que elixiremos unha clase de personaxe para logo evolucionar e rolear atravesando diversas alxubes e derrotando inimigos.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Comentarios non permitidos
    • Pastel de Carne
    • En: 06 de November de 2018

    Path of Exile fai anos que quedou moi lonxe (para ben) do Diablo 3, O PoE ten un árbore de habilidades enorme, moito amante do Diablo quedou no camiño.

    O que non sei é o cómodo que pode ser xogar a un xogo así en consola… demasiados movementos para un joystick.