Actualidade Sony anuncia un novo State of Play co foco posto sobre Hogwarts Legacy

Sony anuncia un novo State of Play co foco posto sobre Hogwarts Legacy

Sony anunciou un novo State of Play para esta semana, concretamente o xoves 17 de marzo. Estará centrado en Hogwarts Legacy, o título que está por vir ambientado no universo de Harry Potter.

Sobre as 22 horas, comezará a emisión de vinte minutos programada pola compañía xaponesa nas canles oficiais de PlayStation en Twitch e no YouTube. Que veremos? Pois seica catorce minutos de gameplay. A cousa promete bastante, pois desde que se anunciou este RPG non son poucos que ven nel esa experiencia definitiva —e ansiada— que é a de deixar de ser muggles e entrar de cheo no mundo da maxia.

O certo é que tamén serán as primeiras imaxes reais do xogo, xa que desde o seu anuncio, aló polo 2020, non tivemos máis novas que anuncios de adiamentos. Chegará para PlayStation 5, Xbox Series X|S, PlayStation 4, Xbox One e PC.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.