Vampire: The Masquerade – Bloodlines 2 adía o seu lanzamento e queda para o vindeiro ano
Vampire: The Masquerade – Bloodlines 2 decidiu adiar a súa data de lanzamento para o ano 2021. Así o anunciaron desde Hardsuit Labs e Paradox Interactive, que malia que non especificaren o motivo deste atraso, todo apunta a problemas loxísticos ocasionados pola crise sanitaria do coronavirus.
«Aprazar o lanzamento é un dos cambios que estamos a facer para asegurarnos que haxa a mellor experiencia de xogo posíbel», aseguraron ambas empresas a través de Twitter. «Isto pode resultar decepcionante para vós, pero apreciamos como a nosa ambición recibe ese eco a través de parte da comunidade», foi a mensaxe para todos os afeccionados que están a agardar polo título.
A sequela da obra de culto chegará a PS4, Xbox One, PS5, Xbox Series X e PC nunha data sen concretar do 2021.
Today we have an important announcement in regards to the release date of Bloodlines 2. 🦇 pic.twitter.com/M3xR5qOOpN
— Vampire: The Masquerade – Bloodlines 2 (@VtM_Bloodlines) August 11, 2020