Actualidade Horizon: Zero Dawn chegará a PC este verán

Horizon: Zero Dawn chegará a PC este verán

Nos últimos tempos, a tendencia na industria do videoxogo é a de diluír a posesión de exclusividades das grandes compañías. O exemplo máis recente é o de Death Stranding e agora tócalle a outro título pertencente a Sony. Horizon: Zero Dawn chegará a PC este verán, tal e como confirmou Hermen Hulst, presidente de PlayStation’s Worlwide Studios.

«Creo que é importante que nos manteñamos abertos a novas ideas sobre como presentar a máis persoas a PlayStation e mostrarlle ás persoas o que se estiveron perdendo», declarou Hulst nunha entrevista no blog de PlayStation. Porén, quixo lanzar unha mensaxe de tranquilidade sobre o futuro das exclusividades da compañía nipoa. «Lanzar un título AAA first-party para PC non necesariamente significa que todos os xogos agora chegarán a PC».

A falta de confirmar a data de saída do título de Guerrilla Games en computadores, Hermen Hulst indicou que seguirán mantendo o enfoque sobre os títulos para un só xogador para PS4 e a próxima xeración que chegará a final de ano.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.