Actualidade Microsoft detalla as especificacións técnicas de Xbox Series X

Microsoft detalla as especificacións técnicas de Xbox Series X

Perante unha Sony impertérrita, Microsoft quere seguir ofrecendo información sobre a máquina coa que asaltará a nova xeración de consolas prevista para finais de ano. Xbox Series detallou todas as súas especificacións técnicas, o que case pecha o círculo de coñecemento sobre todo o que podemos saber dela. Na práctica, agora só faltaría por coñecermos o prezo. Presumirá de tres conceptos: potencia, velocidade e compatibilidade.

A través de dunha extensa reportaxe publicada en Xbox Wire, Xbos Series X materialízase xa nunha realidade coñecida e concreta. «En xeracións pasadas, a potencia definiuse, principalmente, pola innovación nos gráficos: unha transición de gráficos de 8 a 16 bits, de 2D a 3D, de SD a HD e, por último, a 4K», sinálase na entrada.

Infografía que explica a baixa latencia da que gozará Xbox Series X.

«Malia que Xbox Series X ofrecerá un incremento inmenso no desempeño da GPU e continuará redefinindo a evolución do último en gráficos con novas capacidades como o trazado de raios acelerado por hardware», explica Jason Ronald, director de xestión de produtos de Xbox Series X. «Cremos que esta xeración non estará definida simplemente polos gráficos ou a resolución»

Baixo lupa
CPU 8 núcleos @ 3.8 GHz (3.66 GHz w/ SMT) CPU Custom Zen 2 personalizado
Tarxeta gráfica 12 TFLOPS, 52 CUs a 1.825 GHz RDNA 2 GPU personalizado
Tamaño de pastilla 360.45 mm2
Procesador 7nm mejorado
Memoria 16 GB GDDR6 w/ 320mb bus
Ancho de banda de memoria 10GB @ 560 GB/s, 6GB @ 336 GB/s
Almacenamento interno SSD NVME personalizada de 1 TB
Rendemento I/O 2.4 GB/s (Raw), 4.8 GB/s (Comprimido con bloque de decompresión de hardware personalizado)
Almacenamento expandíbel Tarxeta de expansión de 1 TB (coincide perfectamente co almacenamento interno)
Almacenamento externo Soporte USB 3.2 HDD externo
Unidad óptica Unidade de Blu-Ray 4K UHD
Obxectivo de rendemiento 4K @ 60 FPS, ata 120 FPS

A nova consola promete poder executar catro xogos distintos de forma simultánea. Tamén conterá un novo codificador de vídeo seis veces máis veloz que o usado nos servidores de xCloud. Doutra banda, os deseñadores encomiaron  o sinxelo que é traballar coa súa arquitectura, podendo mellorar os gráficos de Gears 5 en só dúas semanas.

Tamén se menciona que Epic traballou para adaptar o seu Unreal Engine 4 á nova consola, ademais da presenza natural da tecnoloxía ray tracing, xa confirmada anteriormente. Se queres comprobar como se mellorarán os tempos de carga respecto das anteriores máquinas, a continuación podes comprobalo. A diferenza é… notable, como mínimo.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.