Sekiro: Shadows Die Twice recibirá un parche GOTY con gran cantidade de contido
Dous días. Ese é o tempo que resta para gozar o 28 de outubro da nova actualización de Sekiro: Shadows Die Twice e que será denominada Game of the Year Edition; un parche que terá a súa correspondente edición física en Xapón ese mesmo día.
Unha enorme cantidade de contido dará unha nova vida á obra de FromSoftware. O modo Reflections of Strength acturará como un modo no que enfrontar xefes xa eliminados. Doutra banda, Gauntlets of Strength actúa como unha sorte de boss rush no que loitar contra os xefes, pero contando unicamente cunha vida.
Máis aló destas novidades, diferentes traxes serán engadidos, tales como Old Ashina Shinobi e Tengu. Os Remnants tamén será incluídos, unhas gravacións de 30 segundos coas que poderemos realizar diferentes movementos e que poderán ser compartidas pola comunidade. Se aínda tes dúbidas acerca da calidade de Sekiro: Shadows Die Twice, aquí tes a nosa análise.