Actualidade
Streets of Rage 4 recibe unha actualización que mellora a experiencia de xogo
Excelentes cifras as que cultivou Streets of Rage 4 desde o seu lanzamento. Máis de 1,5 millóns de descargas avalan o bo traballo de LizardCube, DotEmu e Guard Crush Games. Con motivo da chegada desta cifra, un novo parche publicouse para o beat´em up, que inclúe máis de 80 melloras destacando as seguintes:
- Os especiais e o movemento de inicio poden deter un estado de hitstun.
- Retocouse a Axel: agora móvese máis rápido e reduciuse o tempo de recuperación nalgúns movementos.
- Retocouse a Cherry: os combos do seu puño voador agora son totalmente invencíbeis.
Lembremos que recentemente se valorou a posibilidade de que Streets of Rage 4 reciba máis contido no futuro debido ao seu éxito. Se estás a pensar se pasar polo barrio para repartir xustiza, podes ler a nosa análise do xogo para despexar as dúbidas.