Actualidade A reconstrución de Anthem será un «proceso longo», segundo BioWare

A reconstrución de Anthem será un «proceso longo», segundo BioWare

Unha das grandes decepcións do último lustro na industria do videoxogo foi Anthem. O título de BioWare co que pretendía deixar atrás as críticas de Mass Effect: Andromeda e construír un novo futuro no xogo como servizo resultou ser un dos maiores tropezos desta xeración. Após a mala acollida do xogo, o estudio comprometeuse a facer un proceso creativo que mudase a experiencia de Anthem. Agora, o seu director Christian Dailey detallou en que punto está o proxecto.

«Somos un equipo pequeno de 30 persoas e estamos teentando alcanzar o noso primeiro obxectivo», recoñeceu Dailey nunha carta aberta no blogue oficial do estudio. «Recollemos todas as vosas suxerencias e engadímolas a un gran receitario», indicando que a revisión de Anthem ofrecerá unha experiencia moito máis próxima aos desexos dos xogadores. Porén, o traballo está lonxe de rematar, xa que será un «proceso longo» no que a transparencia cara á comunidade será fundamental para construír un mellor futuro para o título.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.