Actualidade O enxeño como arma para vender Resident Evil 2 en China

O enxeño como arma para vender Resident Evil 2 en China

A revisión do xogo de zombis de 1998 aterrou no mercado chino baixo o paraugas da censura, para logo prohibirse a súa venda ao público debido á violencia que mostra. Aínda así, algunhas tendas e particulares tratan de bordear o problema e usar unha serie de trucos para dar saída ás copias que posúen.

Os vendedores apostaron por cambiar as portadas orixinais para que o xogo pase inadvertido fronte ás autoridades que só coñecen a imaxe da verdadeira. Así, a maioría aposta por incluír o título do xogo dalgunha maneira, aínda que dotándoo de imaxes moito máis coloristas e positiva, case infantís. É o caso de TaoBao, por exemplo.

Esta tenda chinesa carece de intermediarios, a súa venda é directa, por iso púidose permitir certa evasión da censura. Algúns dos nomes cos que se camuflou o título son: First Day on the Job at the Police Station: Remake, Come Beat Me 2, Fried Cold Rice 2 e Biochemical Crisis.

Aínda que poida semellar estraño, esta práctica é habitual no mercado do país asiático, onde o goberno exerce unha forte presión ao redor dos produtos culturais, xa sexan libros, películas, series ou videoxogos. Aínda que o asunto posúa certos elementos anecdóticos para o mundo occidental, trátase dun tema de enorme seriedade dentro das fronteiras do xigante asiático.

Exemplo de “nova” carátula de Resident Evil 2.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.