Actualidade O modo The Ghost Survivors, xa dispoñible en Resident Evil 2

O modo The Ghost Survivors, xa dispoñible en Resident Evil 2

Tres novos percorridos, tres finais incertos. Dende primeira hora de hoxe calquera que posúa Resident Evil 2 poderá descargar, de balde, o novo modo extra de The Ghost Survivors.

Este novo contido explora escenarios hipotéticos ao estilo de “Que pasaría se?”, ao redor das vítimas do brote de Raccoon City para comprobar se sobreviven aos sucesos do xogo principal. Fai retroceder o reloxo un pouco e desafía aos destinos que lles agardan ao axente da U.S.S., á filla do alcalde Warren e ao dono da tenda de armas Kendo.

A revisión do videoxogo orixinal de 1998 xa vendeu máis de 85 millóns de unidades en todo o mundo. Un éxito para Capcom que xa foi saboreando grazas a enorme cantidade de análises positivas que se foron publicando ao redor do seu último título de zombis. Non poucos rumores pululan pola Rede á hora de situar Resident Evil 3 coma o seguinte obxectivo da compañía xaponesa a resucitar.

A filla do alcalde de Raccoon City, Katherine Warren, é unha das personaxes que poderemos manexar neste Ghost Survivors.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.